Sunday 28 de April de 2024

O BNG condena os ataques contra o Banco da Diversidade e o Banco Contra as Violencias Machistas


O BNG presentou unha iniciativa na que se insta á condena dos actos e á reposición dos bancos ao seu estado orixinal

O BNG de Cabanas quere amosar a súa condena aos ataques acontecidos no Banco da Diversidade e no Banco Contra as Violencias Machistas, situados no Paseo da Madalena, nos que apareceron mensaxes homófobas, machistas e de incitación ao odio.

Así mesmo, o BNG presentou unha iniciativa no Concello no que se insta á condena institucional destes feitos por parte do Concello de Cabanas, así como á reposición dos bancos súas cores orixinais, representando o Orgullo LGTBI e o movemento feminista.

“O BNG de Cabanas quere un concello para todo o mundo, onde todo o mundo se sinta benvido”, sinalou Paula González, vicevoceira do BNG de Cabanas. “Os autores destes feitos son unha minoría intolerante cara a cal expresamos o noso rexeitamento e, estamos seguras, o do pobo de Cabanas”, concluíu.